comclusiones dela primera reunión de la Asociación de caza maior de Galicia

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

comclusiones dela primera reunión de la Asociación de caza maior de Galicia

Mensaje  TEORICO el Miér Mar 14, 2012 9:08 am


Reunidos en Cea ás doce horas do sábado día dous de xullo, un colectivo de dezaoito representantes de clubs vinculados coa práctica sustentable da caza maior en tódalas provincias galegas, xunto con outros asistentes que, a título individual, participaron neste foro de opinión cinexético.

Como resultado, poñemos de manifesto o que segue:


1º.- Que a cuestión que fai que nos reunamos no centro de Galicia, como cazadores e cazadoras, amantes da nosa natureza que somos, é a profunda preocupación que sentimos diante da mala imaxe pública que do colectivo cinexético se está creando a partires da existencia de cacerías xeneralizadas que, en plena época de cría se están realizando contra o xabaril ca escusa dos danos.


2º.- Consideramos que a voz da caza maior, as súas opinións, e as contribucións técnicas, máis sustentables cas que se están promovendo por parte da administración, deben deixarse oír. A dignificación da caza como actividade de interese público e social debe e pódese deixar escoitar, posto que sen a súa concorrencia non sería posible o desenvolvemento agrícola e gandeiro nun medio rural digno.


3.- Sinalar que a existencia deste foro de debate parte dunha premisa irrenunciable, que é que nace co afán de sumar, de recoller as voces das cuadrillas e clubs especializados na caza maior que xuntos queren aportar mediante unha mesa de debate sosegado, solucións aos problemas da caza e do agro. Solucións sustentables, efectivas, éticas e minimizadoras dos danos á agricultura. Pretendemos poñer fin ás batidas indiscriminadas na época de cría que resultan un placebo cortoplacista para os danos agrícolas, ao tempo que avergonzan ao cazador, a quen, a día de hoxe, a sociedade debe asignarlle e recoñecer o seu papel de xestor das especies. Nunca será o obxectivo desta asemblea a práctica frentista contra ningunha das asociacións, unións de TECORES e Federacións, que xa existen na defensa do exercicio cinexético. Sumaremos, aportaremos e axudaremos.



CONCLUSIÓNS DO DEBATE

Despois de case tres horas de debate ameno, vivo e apaixonado, acórdase por asentimento xeneral, o seguinte:

1º.- A creación e posta en funcionamento dunha asociación que se chamará “Asociación de Clubs e Cazadores de Caza Maior de Galicia”, da que é xerme esta asemblea. A súa finalidade será o fomento da actividade cinexética de forma sustentable en Galicia; participando, fomentando, e apoiando todas aquelas accións que, con carácter legal, axuden a velar polo ben das especies, o seu equilibrio ecolóxico, o exercicio dunha caza sustentable, e en xeral, a defensa dos dereitos dos bos e nobres cazadores e cazadoras de caza maior en Galicia. Para todo o que nos emprazamos a unha reunión o próximo día seis de agosto á mesma hora e no mesmo lugar.

Noméase a xestora por aclamación:
• Presidente: D. Óscar J. Garriga Díaz ( Ourense )
• Vicepresidente 1º: Dona María Mercedes Prim Bermúdez ( Coruña)
• Vicepresidente 2º: D. Luis Eusebio Fidalgo Álvarez (Lugo)
• Tesoureiro: D. Senén Ramos Álvarez (Ourense)
• Secretario: D. Francisco Chan Méndez ( Pontevedra)

2º.- Do exposto no debate concluímos que é preciso sinalarlle, tanto a cidadanía como a administración, que os cazadores non somos os responsables dos danos das especies libres adscritas ao patrimonio da sociedade. Nós soamente actuamos por concesión administrativa e baixo a supervisión legal da administración. Incluímos aquí a necesidade do recoñecemento social que a administración nos debe de xeito que no futuro nos trate coa consideración pública de: “Actividade de interese público e social”.

3º.- Como parte da solución, nunca do problema, que nos consideramos, afirmamos que: É a nosa intención aportar solucións compatibles ca axuda ao sector agrario. Facémolo por dous motivos: Porque somos, en un oitenta por cento, xentes vinculadas co mundo rural. Por outra banda, somos conscientes que a nosa labor de control das especies é complementaria da do agricultor quen, co seu traballo e esforzo, permite a existencia dunha natureza e biodiversidade que redunda en beneficio de toda a sociedade, da urbana tamén. Nós nunca contribuiremos ao divorcio entre agricultores e cazadores.

4º.- Móvenos a máis grande repulsa contra a ignominia que significan as batidas indiscriminadas en época de cría. Por razóns éticas e por ineficaces para os intereses dos agricultores. Estes precisan de métodos máis efectivos para que os danos se fagan soportables, e non solucións placebo como as batidas.

5º.- Posto que os danos se prodigan en dúas épocas do ano, aportamos solucións máis sustentables para a biodiversidade e efectivas para os agricultores. Estas e outras solucións serán aportadas e defendidas nos foros adecuados para maior garantía dun medio rural e dunha natureza viva digna e sustentable. Estas medidas non poden ter carácter xeneralizado como as que estamos a ver coa actual política de café para todos.

Algunhas delas son:

- Sementeiras alternativas en zonas de tránsito nocturno próximas ás zonas de encame mediante a plantación de vexetais de ciclo curto.
- Comedeiros disuasorios en zonas de monte.
- Sementeiras perimetrais dos plantíos con especies desagradables á inxesta dos suídos.
- Concienciación das sociedades de caza para que acaden o cumprimento dos cupos, así como instar tamén a exercer unha correcta xestión administrativa na comunicación dos resultados.

- Uso do adestramento de cans atrelados para desprazar, disgregar e espantar ás piaras causantes de danos.

- Limitar o uso destes cans a non máis de media ducia por intervención para evitar o dano inútil a outras especies en época de cría.

- Promover naquelas zonas con danos recorrentes, o control da especie mediante axexos específicos, ou complementarios (corzo e xabaril), por ser esta actividade cinexética efectiva sustentable e razoablemente silenciosa.

- Admitiriamos, soamente en último caso, as esperas nocturnas baixo unha correcta tutela técnica.

- Promoción diante dos agricultores dos pastores eléctricos, sobre todo en explotacións de pequeno tamaño. Evidentemente, espérase da administración a colaboración económica nesta medida.

- Promoción do cobro de indemnizacións do pequeno agricultor, inda que non sexa profesional, sempre que este colabore na colocación de aparellos e no desenvolvemento de actuacións preventivas.

- Limpeza de monte nas zonas próximas aos cultivos para limitar o hábitat das especies autoras dos danos.

- Responsabilización da administración que facilite o exercicio da caza maior durante a tempada xeneral en vedados, zonas libres e en diversas zonas de protección e refuxio que actúan como auténticas reservas de superpoboacións non desexables nunha correcta xestión.

- Inmediato cambio lexislativo que descargue ás sociedades de caza sociais do pago por danos en accidentes en vías de circulación e plantíos, salvo aqueles que sexan resultado directo da acción de cazar, que evidentemente son os mínimos.


Sen outra novidade, rematamos a reunión ás tres da tarde do sábado, día dous de xullo de 2011.





Fdo. D. Francisco Chan Méndez (Secretario).
avatar
TEORICO
MIEMBRO DE HONOR
MIEMBRO DE HONOR

Mensajes : 1327
Fecha de inscripción : 28/03/2010

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.