ALBERTO RAMOS, UNHA BOA PERSOA E UN EXCELENTE MONTEIRO (Tema movido)

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

ALBERTO RAMOS, UNHA BOA PERSOA E UN EXCELENTE MONTEIRO (Tema movido)

Mensaje  Jose A.Tarrío el Miér Nov 02, 2011 6:33 pm

Para comezar, desexo decir, que é o primeiro ano que cazo coa cuadrilla “Monteiros Ribeira Sacra”, capitaneada polo archicoñecido Senén Ramos Álvarez, que ademais de gran cazador de “maior”, foi pioneiro desta modalidade en Galicia.
É un home dotado de moita pacencia e con un certo don para manexar con bastante éxito a tódolos “persoaxes” que a seu carón nos reunimos ilusionados á primeira hora o día de caza.
Él, ten que aturarnos a todos; dende o que pasou unha mala noite, até os que case nunca están de acordo (entre eles atópome eu), co posto que lle asigna; xa que él é sempre o que ten a culpa de que polo debandito posto, non queira entrar o bicho; xa sexa o porco bravo, xa sexa o capreolus-capreolus. ¡Por suposto, que é o culpable de todo!, xa que, o menos que tiña que facer, era falar a noite anterior cos bichos, e como capitán, indicarlles por que posto deberían sair, para compensar un pouco o chollo da estadística e ademáis aconsellarlles tamén, que fixeran o máximo ruído posible para alertar ó cazador. Mais como iso non o fai, xa teño motivos, para porlle algún pero á súa capitanía
Mais a quen realmente desexo loar é ao seu fillo Alberto, como un dos monteiros da cuadrilla e do seu irmán Senen Jr alias “vendas”.
Alberto, é o artífice de que a nosa cuadrilla, acade bos resultados na actividade cinexética.
Dende o momento que polas nosas emisoras escoitamos a voz de Alberto, que comeza con “ vou soltar”, sabemos que a festa xa empezou e está garantida. Cada pouco tempo, vainos relatando os vieiros que vai seguindo cós cans, así como os encames que vai atopando: os silveiros pechos, as bañeiras, as navalladas na corteza das árbores e todo un luxo de detalles, que nos fai vivir o que él, como bo monteiro está a sentir.
Debemos agradecer esta maneira de ser e de relatar esas vivencias, xa que na soedade, o silencio absoluto e a quietude do posto, esa comunicación resulta moi importante.
De pronto esa descripción pormenorizada do que vai vendo,- que me recorda os textos de Otero Pedrayo, que sabía describir como ninguén a sensación de grandeza e recollimento, cando se interioriza a natureza, interpretando o tintineo dos arroios, o silbar do vento ou a beleza das raiolas de sol cando se filtran a traverso das altas copas dos árbores; decía que cando ese relatorio do que vai acontecendo no fondo das regatas e na espesura do monte, se troca pola esperada voz de ¡ vanno levantar!, ou ¡ peza levantada, peza levantada!, acompañada por esa música celestial para os cazadores, que é a “ladra” dos cánidos, o noso corpo, parece estremecerse ainda máis e xa o escoitamos decir con voz apenas perceptible ¡atento Cuiñas!, ¡atento Chapante!, ¡ atento Tarrío! . ¡ atento X ¡............ ou a quen lle toque estar na dirección de saída do “ bicho “,“ vai o Sol ou o Fox con él”…. “Vais sair por tal ou cal sitio”.
Todo isto, parece una sinfonía maravillosa que mentras dura, parece enchernos de ledicia aínda que tamén de tensión .
Mais o que realmente me chama a atención e por iso, me parece un monteiro diferente a todos, é a súa maneira de vivir cada un dos lances e o coñecemento que amosa do monte e a intuición para saber case con seguridade, por onde vai “romper a peza”. Case sempre acerta.
Coñecín outros monteiros, que tamén sabían “ dar monte”, pero esa maneira de vivir e relatarlle ós compañeiros, o que vai vendo e o que van facendo os cans, e a xa mentada intuición e coñecemento do comportamento dos animais, está moi lonxe do que fai Alberto.
Ese gran coñecemento dos encames e por ende das posibles saídas das pezas, fai posible, que sexa o que máis abatiu na presente tempada (2011-2012), con diferenza dos demais.
Moitas veces, cando o escoito polo fondo das regatas , sen mais compañía que os seus cans e desexando darnos a esperada voz ¡ peza levantada!, síntome moi inferior, xa que mentras a él o estou considerando un cazador, eu considérome un matarife, que está moi caladiño esperando ao pé do “paso”, para descerrollarlle un tiro a un animal que está a fuxir . Pero, así é a caza e pouco vai cambiar neste senso.
O outro monteiro (irmán de Alberto), e Senén Ramos, Jr, alias “o vendas”, así alcumeado pola súa profesión de Diplomado en Enfermería (ainda que en calidade de excedencia voluntaria); tamén é un gran coñecedor do monte, e sobre todos dos postos, que él chama “ mortales”, pero non nos fai vibrar como Alberto, que posúe ese don especial, có que hai que nacer. Esa maneira de ser, nace coa persoa .
Outro monteiro ocasional é Toño Chapante, mais como é, dós que dende que entra cós cans, hasta que volve, non se lle escoita nada un non sabe nada del, somente podo nomealo como monteiro ocasional e agradecerlle o seu traballo.
O Perdigueiro, deséxabos longa vida e moitos ánimos, para que cada un có seu estilo, nos siga regalando xornadas maravillosas de caza e de convivencia.
Unha aperta para todos.
O perdigueiro


avatar
Jose A.Tarrío

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 26/04/2011
Edad : 71
Localización : costa da vela ,cortiñas,pereiro de aguiar, ourense.

http://webs.uvigo.es/jtarrio/

Volver arriba Ir abajo

Moitas grazas

Mensaje  Admin el Miér Nov 02, 2011 10:56 pm

Jose Antonio, moitas grazas polas túas inmerecidas palabras. A verdade é que a caza síntoa moi dentro dende que tiña 6 aniños. Cando non podo ir de caza e sei que o meu grupo de cazadores está a cazar, a miña mente está continuamente "noutra onda imaxinaria", construíndo continuos castelos no aire do que deberá estar acontecendo neses intres.

Os cans, verdadeiros protagonistas nos lances da caza, están moi afeitos a min. Eles e mais eu somos un integrado equipo que funciona á perfección. A crianza, selección e coidados, xeito de ensinalos no monte e a veteranía que van adquirindo co tempo, fai que, cando teñen xa 5 ou 6 anos, saben ó que van i é un verdadeiro espectáculo escoita-las ladras de levante e acoso; é unha especie de doce musica que transmite tensión a todo o grupo de cazadores e engade esa pizquiña de incertidume que nos gusta disfrutar, conforme a peza de caza vai percorrendo ó cerco de cazadores ata o lance final; se se produce: esa incertidume é a verdadeira esencia da caza maior. Como comprobarías, sempre lle deixamos esa oportunidade de escapar á peza de caza, é un aspecto sen o que a caza non sería tal. Montes grandes e poucos postos: eu penso - como escribiu o gran filósofo Ortega- que o animal obxecto de caza non só debe gozar da posibilidade do erro do tiro, senón desas pasantías que quedaron sen cubrir para poder escapar do cerco de cazadores. ¡Cántos xabaríns se nos escaparon onte pero qué ben o pasamos!. Outro día a sorte cambiará de dono, e os pobres suidos non terán tanta; así é a caza.

Espero que permanezas moitos anos no noso grupo de cazadores e que interiorezedes tanto ti coma Santi, esa natureza galega chea de vida e de caza que é un verdadeiro agasallo para os sentidos.

Respecto as estadísticas, este ano tiven moita sorte ata o momento, outros anos será diferente.

Unha forte aperta, vémonos mañá en acción e, de novo GRAZAS.


Última edición por Admin el Jue Nov 03, 2011 7:12 am, editado 2 veces

_________________
Cazar no es matar
avatar
Admin
Admin
Admin

Mensajes : 584
Fecha de inscripción : 27/03/2010
Edad : 75

http://monterosribeirasacra.forosactivos.biz

Volver arriba Ir abajo

Boa descripción.. Perdigueiro!! XD

Mensaje  JABATILLO28 el Miér Nov 02, 2011 11:30 pm

Gustoume moito a túa descripción da figura do meu irmao Alberto, a verdade é que é un Monteiro excepcional, altruista , Xeneroso, cun gran corazón e cun institnto cazador especial..aparte de ser un rompeuzes e toxos como non hai outro..jejejeje
Unha aperta e espero lle continus inculcando ( como hasta agora o fixeches ) os valores da caza e o compañersimo no monte ó teu fillo Santi, que me da moi boas vibracións e creo ( senón me equivoco que tamén será un gran MONTEIRO )...

Unha aperta!!
Senén Jr. "Bendas"
avatar
JABATILLO28
Moderador
Moderador

Mensajes : 189
Fecha de inscripción : 29/03/2010
Edad : 49

Volver arriba Ir abajo

Re: ALBERTO RAMOS, UNHA BOA PERSOA E UN EXCELENTE MONTEIRO (Tema movido)

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.